lunes, 11 de marzo de 2013

El edil del PP vigués Marcos Araújo, mejora árbitro nacional de Lucha en el Campeonato de España junior


O Colexio Nacional de Árbitros da Federación Española de Loitas Olímpicas, proclamaron o árbitro Galego, como mellor árbitro nacional nestes pasados Campionatos de España júnior e escolar de Loitas Olímpicas, celebrados en Albolote (Granada).

O traballo do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, cada día acada mais recoñecementos a nivel nacional. Co premio como mellor árbitro nacional recollido por Marcos Araujo neste pasado Campionato de España júnior e escolar de Loitas Olímpicas, síguelle o árbitro de Santiago de Compostela, Rubén Varela (Club Stellae), que acaba de facer o exame para o ascenso dentro do nivel nacional, no mesmo torneo.
O presidente dos árbitros Galegos, o árbitro internacional Ángel Amor Villar, fixo ben o traballo de formación e promoción do colectivo arbitral na comunidade Galega, estendendo o interese por esta area do deporte, moitas veces tan denostada e o mesmo tempo tan necesaria.
As seguintes competicións do calendario deportivo marcarán o traballo deste colectivo, como son a Liga Galega de Deporte de Base, e mais adiante o Gran Premio de España de Loita, proba internacional do calendario competitivo.

No hay comentarios: